Os nenos e nenas de 4º de Primaria investigamos sobre o deporte olímpico do tenis de mesa.
Despois da exposición que nos fixo Adrián, entrenador do clube de Tenis de Mesa Narón, e na que recollimos un montón de información, tocounos a nós investigar un pouco máis.
Primeiro fixemos equipos de traballo, tantos como temas a investigar:
1) Orixe e historia do tenis de mesa.
2) Equipamento
3) Regras do xogo
4) Top 10 do ranking da ITTF
Logo, cada equipo buscou información na rede sobre o seu tema.