Skip to Content

Taboleiro

PLENO MUNICIPAL INFANTIL

 O venres, 3 de decembro, o alumnado de sexto de Ed. Primaria do noso centro participou na vixésimo primeira edición do Pleno Municipal Infantil de Culleredo, no que se conmemora o aniversario da Constitución de 1.978.

A proposta que máis votos favorables recibiu foi a do noso centro, en relación ás axudas para desempregados.

Noraboa pola súa actuación!

DÍA DA DISCAPACIDADE

 

Conmemorando o Día da Discapacidade, recibimos no centro a persoas integrantes da Asociación “Só lles falta falar” acompañadas dos protagonistas, os cans de terapia. Todo o alumnado se interesou polo seu coidado e coñeceu a súa contribución a aumentar o benestar das persoas. Deixamos unha mostra esta actividade.

25 NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

RESPECTO, COOPERACIÓN, TRABALLO EN EQUIPO ... son valores que se traballan diariamente no noso centro, pero ademais, deixamos aquí o resultado final dun traballo específico sobre a igualdade de xénero.

 Agradecemos a Cristina Sáez a súa colaboración e compartimos con todos vós o seu poema.

Mariposas de Cristina Sáez en pdf

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 No DOG do 12 de novembro de 2021, publícase a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22.

Terán dereito a máscaras as familias que tiveron cheque de material, aquelas que teñen renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros (exercicio fiscal do ano 2019, recadros 435 e 460) e alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65%.

     ACLARACIÓNS:

    O alumnado de Ed. Primaria que tivo cheque de material non ten que presentar solicitude.

    Os que teñan que presentar a solicitude farano de xeito presencial no centro.

     O prazo de presentación será do 15 ao 26 de novembro, ambos inclusive.

Impreso de solicitude.

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Un ano máis, o ANPA encargouse de mercar e asar castañas para todo o alumnado do centro. Agradecemos a súa colaboración e deixamos aquí unha mostra desta xornada festiva (pincha na foto para ver un pequeno álbum).

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN 2021

O venres, 29 de outubro, celebramos o Samaín no colexio con diferentes actividades.

Deixamos aquí un vídeo resumo desta celebración.

 

PLAN DE ACOLLIDA CURSO 2021/2022

Damos publicidade ao Plan de Acollida para o curso 2021/2022.

Pode verse picando na portada

    

 

HORARIO DE ENTRADA PARA O XOVES 9 DE SETEMBRO DE 2021

A incorporación do alumnado levarase a cabo no seguinte horario:

EDUCACIÓN  INFANTIL

4º de Ed. Infantil (3 anos): Seguirán o período de adaptación.

6º de Ed. Infantil (5 anos): Entrarán de 8:50 a 9:05h (A mesma clase do curso pasado)

5º de Ed. Infantil (4 anos): Entrarán ás 9:30 h (A mesma clase do curso pasado)

EDUCACIÓN PRIMARIA

3º e 6º niveis: Entrarán de 8:50 a 9:05h

2º e 5º niveis: Entrarán ás 9:30h

 

1º e 4º niveis: Entrarán ás 10:00h

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID. CURSO 2021/2022

Damos publicidade ao Plan de Acollida para o curso 2021/2022.

Pode verse picando na portada

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O COMEZO DO CURSO 2021/2022

REUNIÓNS COAS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Só poderá asistir un familiar por alumno/a e o uso da mascarilla é obrigatorio.

VENRES, 3 de setembro

5º EI (4 anos) -  De 10:00h a 11:00h

Grupo A - Usos Múltiples

Grupo B - Ximnasio

6º EI (5 anos) - De 12:00h  a 13:00 h

Grupo A - Usos Múltiples

Grupo B - Ximnasio

LUNS, 6 de setembro

4º EI (3 anos)

10:00 -10:50 - 4ºA - Usos Múltiples

11:00 - 11:50 - 4ºB  - Ximnasio

As familias serán avisadas previamente para indicarlle en que grupo se atopan.

RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO DE 3º E 4º DE ED. PRIMARIA

As familias que teñan concedida a axuda de fondo libros poden pasar a recoller os libros, en horario de 9:30h a 13:30h, os seguintes días:

3º de Ed. PRIMARIA: Venres, 3 de setembro.

4º de Ed. PRIMARIA: Luns, 6 de setembro.

CESIÓN DE PORTÁTILES AO ALUMNADO DE 5º E 6º DE ED.PRIMARIA

O luns 6 de setembro haberá unha reunión para as familias do alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria no seguinte horario:

De 16:00 a 16:50: 5º Ed. Primaria

De 17:10 a 18:00: 6º Ed. PrimariaSó poderá asistir un familiar por alumno/a e o uso da mascarilla é obrigatorio.

COMEZO DAS CLASES

As clases comezan o xoves, 9 de setembro. O vindeiro luns publicaremos o PROGRAMA DE ACOLLIDA , onde se reflicten as normas de organización e funcionamento para este curso.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 21.22

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL   FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

A listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro do centro o venres, 9 de xullo.

As persoas interesadas poderán formular reclamación os días 12 e 13 de xullo no centro.

A listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro do centro o 14 de xullo.

ENTREGA  DE  VALES 

Os vales para a adquisición de libros (1º e 2º de Ed. Primaria) e os vales para a adquisición de material (De 1º a 6º de Ed. Primaria) entregaranse segundo o seguinte calendario:

1º e 2º: mércores, 14 de xullo.

3º e 4º: xoves, 15 de xullo.

5º e 6º: venres, 16 de xullo.

OS LIBROS DO FONDO (3º e 4º Ed. Primaria) REPÁRTENSE EN SETEMBRO.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut