AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO
Para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. As axudas poden ser:
210€, se a renda per cápita é igual ou inferior a 6.000€.
140€, se a renda per cápita é superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€.
AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
Para todo o alumnado de Educación Primaria.
50€, se a renda per cápita é igual ou inferior a 6.000€.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. A cada alumno/a correspóndenlle:
6 libros, se a renda per cápita é igual ou inferior a 6.000€
4 libros, se a renda per cápita é superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Está aberto o prazo ata o 19 de xuño de 2020
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
· Anexo I
· Anexo II (Relación de membros computables da unidade familiar)
· Libro de familia (orixinal e copia)
· En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
· Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou doutro membro da familia.
As solicitudes poden presentarse:
· No propio centro, en horario de 9:00 a 13:30h
· Por vía electrónica a través da aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)
· A través da sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal)
· Poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, o sistema de usuario e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
A solicitude será única para todos os fillos/as que estén admitidos no mesmo centro para o curso 2020/2021.
PUBLICACIÓN DE LISTAS
Listas provisionais: 26 de xuño.
Reclamacións: 29 e 30 de xuño.
Listas definitivas: 1 de xullo.
ENTREGA DE CHEQUES DE LIBROS DE TEXTO E VALES DE MATERIAL ESCOLAR:
Para recoller os cheques e os vales ten que vir o pai/nai ou autorizar a unha persoa para que o faga no seu nome.
1º e 2º de EP :14 de xullo de 9:00 a 13:30h
3º de EP: 15 de xullo de 9:00 a 13:30h
4º de EP: 16 de xullo de 9:00 a 13:30h
5º e 6º de EP: 17 de xullo de 9:00 a 13:30h
DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO LIBROS
O alumnado de 3º, 4º e 6º de Educación Primaria debe devolver os libros de texto que son do fondo libros do 15 ao 19 de xuño en horario de 9:00 a 13:30h
ENTREGA DE LIBROS PARA O PRÓXIMO CURSO
A entrega dos libros para o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, para o curso 2020/2021, realizarase en setembro.