Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 21.22

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL   FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

A listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro do centro o venres, 9 de xullo.

As persoas interesadas poderán formular reclamación os días 12 e 13 de xullo no centro.

A listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro do centro o 14 de xullo.

ENTREGA  DE  VALES 

Os vales para a adquisición de libros (1º e 2º de Ed. Primaria) e os vales para a adquisición de material (De 1º a 6º de Ed. Primaria) entregaranse segundo o seguinte calendario:

1º e 2º: mércores, 14 de xullo.

3º e 4º: xoves, 15 de xullo.

5º e 6º: venres, 16 de xullo.

OS LIBROS DO FONDO (3º e 4º Ed. Primaria) REPÁRTENSE EN SETEMBRO.

 

FIN DE CURSO 2021

Como remate final de curso, fixemos unha xornada festiva para todo o alumnado.

Deixamos aquí unha mostra do ben que o pasamos, tanto en Ed. Primaria como en Ed. Infantil.

Tamén vos deixamos un vídeo bailando nas aulas para despedir este curso tan atípico.

Esperamos que vos guste.

Recordade que xa saiu a segunda edición da nosa revista "As voces do Vila". Se picades na súa portada podedes vela.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO 2021/2022

Informamos que todas as solicitudes de admisión presentadas en prazo foron admitidas.

As listaxes provisionais estarán expostas no interior do centro e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar nun prazo de 5 días hábiles.

Publicarase a listaxe definitiva antes do 15 de maio.

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este luns, 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller. O alumnado do noso centro entrevistou a mulleres residentes en Culleredo ou que desempeñan o seu traballo neste concello, e que destacan en distintas disciplinas.

 

Ed. Infantil: Entrevistan a Gema Ulloa Cuevas, máis coñecida como Dragona Ramona.

1º de Ed. Primaria: Entrevistan a Cristina Sáez Cazallas, mestra e escritora.

2º de Ed. Primaria: Entrevistan a Natalia Pablo Sánchez, xornalista.

 3ºA de Ed. Primaria: Mónica García Peón, equitación.

3ºB de Ed. Primaria: Noelia Perpetuo Martínez, judo.

4º de Ed. Primaria: Elena López, fútbol.

 

 5º de Ed. Primaria: Thais Pousada García, Departamento de Ciencias da Saúde.

6º de Ed. Primaria: 100tíficas do IES Rego de Trabe.

ENTROIDO CREATIVO

 

                      

 

                      

 

Distribuir contido


by Dr. Radut