Skip to Content

25 NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

RESPECTO, COOPERACIÓN, TRABALLO EN EQUIPO ... son valores que se traballan diariamente no noso centro, pero ademais, deixamos aquí o resultado final dun traballo específico sobre a igualdade de xénero.

 Agradecemos a Cristina Sáez a súa colaboración e compartimos con todos vós o seu poema.

Mariposas de Cristina Sáez en pdf

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 No DOG do 12 de novembro de 2021, publícase a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22.

Terán dereito a máscaras as familias que tiveron cheque de material, aquelas que teñen renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros (exercicio fiscal do ano 2019, recadros 435 e 460) e alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65%.

     ACLARACIÓNS:

    O alumnado de Ed. Primaria que tivo cheque de material non ten que presentar solicitude.

    Os que teñan que presentar a solicitude farano de xeito presencial no centro.

     O prazo de presentación será do 15 ao 26 de novembro, ambos inclusive.

Impreso de solicitude.

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Un ano máis, o ANPA encargouse de mercar e asar castañas para todo o alumnado do centro. Agradecemos a súa colaboración e deixamos aquí unha mostra desta xornada festiva (pincha na foto para ver un pequeno álbum).

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE RADIO ESCOLAR DA USC

O CEIP Vila de Rutis foi agasallado co terceiro premio no Concurso de Radio Escolar convocado pola Universidade de Santiago de Compostela, pertencente ao Proxecto Europeo Erasmus+, denominado SCHOOLS 21C (Modalidade A)

O venres, 5 de novembro, levouse a cabo  a conferencia final do proxecto e a entrega de premios. Este acto foi presentado por Dna. Carmen Fernández Morante, Decana da Facultade de Educación da USC e por Dna. Milagros Trigo Miranda, mestra e persoal investigador “ ad honorem  “ da mesma Facultade, así como representantes das diferentes entidades participantes no proxecto.

Deixamos aquí unha mostra deste acto no que a mestra Dna. Natividad Varela recolleu o premio, así como unha alusión ao noso traballo no programa Hoy por hoy  de Radio Coruña retransmitido ese mesmo día.

Noraboa a todo o alumnado por este premio recibido!!!

Congratulations!!!

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN 2021

O venres, 29 de outubro, celebramos o Samaín no colexio con diferentes actividades.

Deixamos aquí un vídeo resumo desta celebración.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut