Skip to Content

Samaín 2024

Estas semanas estivemos traballando moito sobre as costumes e tradicións típicas do Samaín. Nesta liña o equipo de dinamización da lingua galega propuxo facer unha actividade na que participaron todos os/as nenos/as da escola. Cada nivel tivo que debuxar un ser mitolóxico do Samaín simplemente escoitando a súa descrición. Despois os/as nenos/as votaron e os que máis se parecían a imaxe real foron os que gañaron.

Deixámosvos un vídeo que fixeron os/as nenos/as de 6EP para que vexades como resultou a actividade!

 

 E como peche final, aquí vos deixamos unha mostra do que foi o día do Samaín no cole, unha mañá terrorífica na que o alumnado de infantil e primaria o pasou en grande!

Samain EI

 

Samain EP

 



blog | by Dr. Radut