O venres, 2 de decembro, o alumnado de 6º de Educación Primaria do noso centro participou no XXII Pleno Municipal Infantil de Culleredo, celebrado no Auditorio do IES Universidade Laboral.
A proposta levada ao pleno polo noso alumnado "O arranxo de espazos de ocio para os nenos e nenas (pistas deportivas e parques)" foi a máis votada. O Sr. alcalde, José Ramón Rioboo, fixo fincapé en que terá sida moi en conta e que, tanto el coma o seu equipo, esforzaranse ao máximo para levala a cabo.
Así mesmo, no apartado de Rogos e Preguntas, o noso alumnado rogoulle ao Sr. Alcalde a colaboración do concello para poñer en marcha un horto escolar no colexio, solicitude que xa se fixera o curso pasado, e o rexedor comprometeuse a prestar esta colaboración.