Debido á situación actual sanitaria, non se levará a cabo a xornada de portas abertas. Por iso, antes da información propia da admisión, presentamos o noso centro a través de dúas visitas virtuais. Unha está adicada ao alumnado de Ed. Infantil e outra ao alumnado de Ed. Primaria.
HORARIO DA ACTIVIDADE LECTIVA
De 9:00 a 14:00h.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO:
· Madrugadores (almorzo xestionado pola ANPA).
· Comedor Escolar (xestionado pola ANPA).
· Biblioteca Escolar para o alumnado de Educación Primaria (de martes a venres de 16:00 a 18:00 horas).
· Actividades Extraescolares, a cargo da ANPA
ACLARACIÓN DE DÚBIDAS
· Chamando ao teléfono 881960920
· Enviando un correo aceip.viladerutis@edu.xunta.gal
·ANPA LAVANDEIRA: anpalavandeira@gmail.com