Skip to Content

Novo blogue do Equipo de Dinamización da Lingua

Xa está en funcionamento o novo blogue do Equipo de Dinamización da Lingua (EDL). Pódese acceder dende a imaxe ou na columna lateral da web do centro, dentro da categoría "Equipos de Dinamización".

Blogue EDL

Erro ABALAR nalgúns dispositivos móbiles (XIAOMI)

Detectouse un erro para acceder a ABALAR nalgúns dispositivos móbiles (XIAOMI), dende a Unidade de Atención a Centros dan estas recomendacións e alternativas:

  • Entrar en ESPAZO ABALAR:
    • Acceder á web: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/
    • Premer en "acceso a servizos".
    • Acceder con Chave 365
  • NON actualizar a aplicación de Abalar móbil.

Por se teñen algunha dúbida ao respecto, poden chamar á UAC: 881997701

Samaín 2024

Estas semanas estivemos traballando moito sobre as costumes e tradicións típicas do Samaín. Nesta liña o equipo de dinamización da lingua galega propuxo facer unha actividade na que participaron todos os/as nenos/as da escola. Cada nivel tivo que debuxar un ser mitolóxico do Samaín simplemente escoitando a súa descrición. Despois os/as nenos/as votaron e os que máis se parecían a imaxe real foron os que gañaron.

Deixámosvos un vídeo que fixeron os/as nenos/as de 6EP para que vexades como resultou a actividade!

 

 E como peche final, aquí vos deixamos unha mostra do que foi o día do Samaín no cole, unha mañá terrorífica na que o alumnado de infantil e primaria o pasou en grande!

Samain EI

 

Samain EP

 

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS 2024

Hoxe celebrouse o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS e dende o Equipo de Dinamización da Lingua do colexio levouse a cabo esta proposta para poñer en valor todas e cada unha das linguas representadas no centro.

CIRCULAR PRINCIPIO DE CURSO 2024/2025

Achegamos nun ARQUIVO ADXUNTO a circular de principio de curso con información importante que deben ter en conta.

RECORDATORIO IMPORTANTE SOBRE O 1º DÍA: As entradas do primeiro día (11/09/2025) serán escalonadas, quedando do seguinte xeito:

  • 4ºEI (ver periodo de adaptación)
  • 5ºEI, 6ºEI, 1ºEP e 4ºEP (8:50 a 9:00h)
  • 2º e 5º EP (9:30h)
  • 3º e 6º EP (10:00h)

As familias que comezan este curso no noso centro, xa podedes descargar o abalarMóbil para recibir as notificacións.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut