Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL E ESCOLAR CURSO 2024/2025

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL   

A listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro do centro o mércores, 3 de xullo.

As persoas interesadas poderán formular reclamación os días 4 e 5 de xullo no centro.

A listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro do centro o 8 de xullo.

ENTREGA  DE  VALES 

Os vales para a adquisición de libros (1º e 2º de Ed. Primaria) e os vales para a adquisición de material (De 1º a 6º de Ed. Primaria) entregaranse do 11 ao 19 de xullo. Os que non sexan recollidos nestas datas poden recollelos en setembro.

OS LIBROS DO FONDO (3º e 4º Ed. Primaria) REPÁRTENSE EN SETEMBRO.

 

MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

O prazo de matrícula é do 20 ao 30 de xuño, ámbolos dous inclusive, no seguinte horario:

De 9:00h a 9:50h e de 13:10h a 14:00h.

 

DOCUMENTACIÓN PARA A MATRÍCULA

-      Impreso de matrícula debidamente cumprimentado. Pode recollerse na conserxería do centro ou pinchando aquí

-      3 fotografías tamaño carnet do alumno/a co nome por detrás.

-      DNI do alumno/a, se o ten, o dos pais (orixinal e fotocopia)

-      Libro de familia (orixinal e fotocopia de todas as páxinas escritas).

-      Tarxeta sanitaria do alumno/a (orixinal e fotocopia).

-  Informe médico (certificado de vacinacións  e de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa) só o alumnado que se matricula en 4º Ed. Infantil.

-      Orixinal e copia de resolución xudicial, no caso de separación legal dos pais.

 

IMPORTANTE: Non é preciso entregar de novo a documentación que xa foi entregada no proceso de admisión.

CULLERCIENCIA 2024

Un día de ciencia organizado polo CEIP PLURILINGÜE RÍA DO BURGO no que participaron coles de cerca e outros de non tan cerca ... Sevilla, Canarias, Murcia e Madrid estiveron presentes, entre outros

Unha experiencia na que os maiores do noso centro nos amosaron todo o que saben. Bravísimo por todos eles e polos mestres que os acompañaron en todo o proceso!!

Distribuir contido


by Dr. Radut