Educación Infantil

ACTIVIDADE BOMBEIROS E AMBULANCIA

O pasado 18 e 19 de maio o servizo de ambulancias e de bombeiros, visitaron o noso centro para ensinarnos o seu traballo. trouxeron os seus equipos e vehículos! dende o Vila de Cee agradecemos o tempo dedicado que lle prestaron aos nenos con tanto cariño!

Apadriñamentos lectores

Durante a xornada de hoxe celebramos os Apadriñamentos Lectores, actividade para celebrar o Día do Libro (23 de abril), que fora posposta a semana pasada por mor da choiva. Premendo na imaxe podedes acceder ó álbum de imaxes compartido, onde poderedes comprobar o ben que o pasamos!

Entroido 2023

O pasado venres, 17 de febreiro tivemos unha xornada moi especial no cole. Celebramos o Entroido, e para que vexades que ben o pasamos, deixámosvos este vídeo de como foi. Preme na imaxe para velo.

Celebración Nadal 2022

Estimada comunidade educativa, deixámosvos aquí este vídeo no que podedes ver como celebramos o final deste primeiro trimestre.

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

O pasado luns, 30 de xaneiro, celebramos no colexio o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, aproveitando esa data para traballar a transversalidade en EF, incluíndo o tema da paz. Aquí vos deixamos este vídeo para que poidades velo!

Agradecemento Save the Children

De parte da ONG Save the Children, agradécennos a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, persoal administrativo, familias...) a colaboración e participación na Carreira Kilómetros de Solidaridade. Foi unha actividade moi satisfactoria e agardamos poder celebrala en futuras ocasións.

Calendario de Advento 2022

Aquí vos deixamos o Calendario de Advento deste mes de decembro. Preme na imaxe para acceder a el. Esperamos que vos guste!

 

Powered by Drupal - Design by artinet