Novas

Revista Remuíños 2023 / 2024

E para rematar o curso, publicamos a Revista Escolar Dixital Remuíños, onde recollemos actividades que realizamos ó longo do curso. Preme na imaxe para vela.

Visita Reis Magos e Apalpador

Bos días,

Estes días tivemos visitas moi especiais. Viñeron vernos os Reis Magos e o Apalpador! Podedes ver que ben o pasamos nesta galería de imaxes.

Álbum: Dinamización de Actividades Complementarias e Extraescolares -> Visita Reis Magos e Apalpador 23

Calendario de advento

Boas tardes,

Coma cada curso por estas datas, compartimos con vós este Calendario de Advento que preparamos con actividades do Nadal para realizar cada día a que corresponda. Esperamos que o desfrutedes.

 

25 N - Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero

A semana do 25 de novembro estivemos realizando no colexio unha serie de actividades destinadas a reflexionar sobre esta realidade dos nosos días. Deixámosvos aquí un breve resumo que esperamos que desfrutedes.

Samaín 2023

O martes 31 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Pasamos unha xornada de medo e misterio con contacontos, exposición de cabazas, disfraces e ambientación centrada nesta popular festividade celta. Aquí vos deixamos este vídeo para que poidades ver que ben o pasamos!

CARREIRA SOLIDARIA: "LA VUELTA AL COLE"

Vídeo da carreira celebrada o 23 de outubro, a favor da ONG Uno Entre Cien Mil. Esperamos que vos guste!

Revista Remuíños 22/23

Bos días! Deixámosvos na imaxe a Revista Remuíños 2022 / 2023 onde vos contamos como foi este curso escolar. Esperamos que vos guste!

Entroido 2023

O pasado venres, 17 de febreiro tivemos unha xornada moi especial no cole. Celebramos o Entroido, e para que vexades que ben o pasamos, deixámosvos este vídeo de como foi. Preme na imaxe para velo.

Powered by Drupal - Design by artinet