Educación Infantil

25 N - Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero

A semana do 25 de novembro estivemos realizando no colexio unha serie de actividades destinadas a reflexionar sobre esta realidade dos nosos días. Deixámosvos aquí un breve resumo que esperamos que desfrutedes.

Samaín 2023

O martes 31 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Pasamos unha xornada de medo e misterio con contacontos, exposición de cabazas, disfraces e ambientación centrada nesta popular festividade celta. Aquí vos deixamos este vídeo para que poidades ver que ben o pasamos!

CARREIRA SOLIDARIA: "LA VUELTA AL COLE"

Vídeo da carreira celebrada o 23 de outubro, a favor da ONG Uno Entre Cien Mil. Esperamos que vos guste!

Programación deportiva municipal

Desde o colexio animámosvos a que lle botedes unha ollada á programación deportiva do concello de Cee, seguro que hai algunha na que vos gustaría participar!

Revista Remuíños 22/23

Bos días! Deixámosvos na imaxe a Revista Remuíños 2022 / 2023 onde vos contamos como foi este curso escolar. Esperamos que vos guste!

VISITA NUTRICIONISTA

O PASADO XOVES VISITOUNOS EVA, A NUTRICIONISTA DO CENTRO DE SAÚDE, E CON ELA APRENDEMOS MOITO E FIXEMOS UNS TALLERES MOI DIVERTIDOS!

 

Letras Galegas 2023

O pasado 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas cun evento moi especial no que todo o alumnado, desde infantil ata 6º de primaria, participaron na conmemoración. Deixámosvos aquí este vídeo para que vexades como foi.

VISITA MATRONA

Esta semana a matrona do noso centro de saúde “Jesica” visitou o centro para falar aos nenos sobre educación sexual e  identidade de xénero. Jesica ofreceu o seu tempo e dedicou dúas mañás a todo o alumnado de primaria. Dende o Vila de Cee agradecemos o teu tempo e cariño dedicado a nós! Esta é a túa casa volve cando queiras!!

Powered by Drupal - Design by artinet