Pois imos coa primeira iniciativa do curso. En colaboración co Equipo de Convivencia, decidimos pór en marcha, aproveitando o PDI deste ano, a nosa Cadea de boas accións.
Consiste en ir recollendo as pequenas historietas, accións ou feitos que acontecen no día a día no colexio, e que resaltan os valores máis positivos ( altruísmo, xustiza, empatía, cooperación...), nun cachiño de papel. Logo iremos engadindo outro cachiño, e outro , e outro... a modo de chanzos dunha cadea que percorra os corredores do colexio.
Para rematar, intentaremos expor todas estas accións nun gran mural para que todos e todas poidamos ver o gran corazonciño que posúen os nosos peques.
E o primeiro chanzo di asi...