Ola a todos e todas !
Presentamos os traballos realizados por todos os cursos do cole para a celebración do Día das Letras Galegas, onde escollimos anacos de poemas, "Palabras", da escritora homenaxeada, Luisa Villalta Gómez, para decorar as letras do seu nome e poder así homenaxeala como se merece.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra. Tamén poderedes escoitar en breve como os peques os recitaron na radio.
Saudiños!