Polo día das escritoras, na aula de inglés, as nenas e nenos de 4º e 5º descubrimos á escritora inglesa “Julia Donaldson” autora do sonado libro “The Gruffalo” entre as máis de 200 historias que ten escritas!
Coñecemos varios dos seus libros, sobre os que conversamos describindo as portadas, as personaxes…, e lendo despois.
Para descubrir algo da súa vida traballamos cun ditado “á carreira” co que tiñamos que completar unha sinxela biografía e poñe,a en orde.
Feito isto, elaboramos un “lapbook” co que participamos na exposición polo Día das escritoras que se organizou dende a Biblioteca escolar”