Skip to Content

Blogs

MONIGOTES LECTORES

Os vosos monigotes lectores son fantásticos! Velaquí a mostra. Coma sempre se falta algún xa nos decides.

MONIGOTES LECTORES from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

HISTORIAS CON LIBROS PARTE I

Chegaron algunhas historias de profes do cole a partir dos títulos dos libros. Aquí vos deixamos a de... A ver se a coñecedes pola voz!

HISTORIAS CON LIBROS I from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

PROPOSTAS PARA O 27 DE ABRIL

 

LINGUA: Imos facer a seguinte ficha de ortografía para repasar as diferentes normas. Se non vos acordades do abecedario tamén podes ver o seguinte vídeo para repasalo

Hoxe tamén toca REVISAR O BORRADOR DO CONTO que fixéstedes o venres. Vai facendo os exercicios para practicar e despois comproba que o ter todo ben escrito: maiúsculas, puntos, g, h, c/z... Podes usar a ficha da revisión dos borradores que utilizamos para os comics para guiarte.

 

HORA DE LER: Picando AQUÍ podedes ver un libro que hai no cole e que se chama IMAXINA ANIMAIS de Xosé Ballesteros e Juan Vidaurre editado por Kalandraka. Neste libro fálase duns animais singulares que son metade animal metade obxecto como indica o seu nome formado a partir de palabras compostas. E a vos? Ocórresevos algún animal deste tipo?

Tamén vos deixamos un memori para que xoguedes e practiquedes. 

 

AS MÁQUINAS

Velaquí o resultado final da tarefa sobre as máquinas simples e compostas. Moitas grazas familias pola vosa colaboración e moitas grazas pequenos e pequenas polo esforzo e traballo, sodes fantásticos, así da gusto! (se non vos atopades decídenos, pasariasenos sen querer, desculpade as molestias de antemán)

Comezamos o tema coa búsqueda de máquinas que tiñades na casa, aquí vos deixamos todas as fotos. 

 

Despois limos e aprendimos máis construíndo as maquetas. Aquí o vídeo!

MÁQUINAS from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo

E so ao final e despois de ler as fichas, crear e experimentar comprobamos o que sabemos. 

Esperamos que pasárades un rato entretido en familia, eso foi o que intentamos.

Monday, 27th April

Hello everybody! The seventh week at home! Can you remember the days of the week?

Ola a todos! Sëptima semana na casa! Recordades os días da semana?

We write the date everyday at school!  Do it at home!! Remember the first day in an English week is Sunday!!!

Todos os días escribimos a data na clase. Facedeo en casa tamén. Recordade que o primeiro día da semana inglesa é o domingo!

PROPOSTAS PARA O 24 DE ABRIL E FIN DE SEMANA

Apetece un fin de semana de cine? Pois aquí tedes un enlace dende o que poderedes ver algunhas pelis que recibiron Óscar neste 2020 hainas para maiores e pequenos. Aproveitade!

Picade AQUÍ. 

PROPOSTAS PARA O 24 DE ABRIL

 

MATEMÁTICAS: Páxinas 149, 150 e 151. 

LINGUA: Planifica o teu conto. Aquí che deixamos unha plantilla. Hoxe pensa a historia, este é o teu borrador. Ollo, é a planificación do conto non a elaboración do mesmo. O luns revisaremos a ortografía e o martes a facer o produto final!

PROPOSTAS DÍA 23 DE ABRIL

 

LENGUA: Páxinas 144 e 145, exercicios 14, 15, 16 e 17.

HORA DE LER: Vai ao BLOG DA BIBLIOTECA e mira o vídeo dos contos favoritos dos nenos e nenas do noso cole, ademais tamén podedes escoitar o conto da profe Jessi, fixérono entre todos os pequenos e pequenas de 3 anos, seguro que vos gusta. 

DÍA DO LIBRO: Para seguir rendindo homenaxe aos nosos amigos os libros propoñévosvos que fagades este monigote lector, colgádep na vosa habitación ou onde queirades. Podédeslle poñer a portada dun conto que vos guste moito. 

 

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Chegou o Día lo Libro, este ano un pouco especial, como especial son as vosas fotos cos contos que máis vos gustan. Aquí está o resultado final. Búscate e se non te atopas envíanos un correo a bibliosbardoscarral@gmail.com,  rectificamos e subimos un novo vídeo incluíndo a túa foto. Pedímosvos perdón de antemán se se nos pasou, non foi a nosa intención.

DÍA DO LIBRO 2020 from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Ademais a profe de 3 anos de EI Jéssica ensínanos este conto que lle fixeron a Pingüi entre todos e todas. Está contentísimo! Fíxolle moitísima ilusión. Grazas!

Thursday, 23rd April. Book day

Today is Books Day!

Here you can find some bookmarks to print and colour.

 

But the best present for today is this:

https://stories.audible.com/discovery/enterprise-discovery-21122358011?ref=adbl_ent_anon_ds_ds_dccs_sbtp-0-1

Click and you'll find lots of free books you can listen to! (Toca o enlace e terás un montón de libros gratis para oir!

PROPOSTAS PARA O 22 DE ABRIL

 

MATEMÁTICAS: Páxinas 147 e 148. Aquí che deixamos unha nova entrega das cancións das táboas de Miliki. 

LINGUA: Fai un DEBUXO DOS ANTAGONISTAS DOS CONTOS e di como son coa axuda da lista de adxectivos que puxemos a semana pasada (ficha). Os antagonistas son os personaxes que non deixan que o protagonista faga o que quere facer, por exemplo: o lobo de Carrapuchiña Vermella, a madrastra de Brancaneves... É dicir, os antagonistas soen ser "os malos" dos contos. 

HORA DE LER: Escoitamos "UN TREVO PARA XULIETA" de Paula Merlán e Mar Azabal da Editorial Bookolia. A historia vai sobre unha nena que ten cicatrices, e vos.... tédelas? De que teñen forma? Xogade a buscarlles formas ás vosas cicatrices! Ao mellor nun vos fixásetedes ben e agora tedes dragóns, estrelas ou lúas en lugar dunhas marcas calquera. 

PROPOSTA PARA O 22 DE ABRIL

Mañá é o DÍA DA TERRRA e o canal DMAX ofrece durante todo o día unha programación especial chea de documentais. Animádevos!

Ademais tamén queriamos compartir esta fermosura de conto feito de libros de lectura, a Pingüi encantoulle! Sabemos que para os nenos e nenas pode ser un pouco difícil facer algo semellante pero se alguén se anima estariamos encantadas de recibilo (maior ou pequeno). Recordade que o correo da biblio é bibliosbardoscarral@gmail.com

Non podemos poñer a súa autoría porque non a sabemos, unha pena porque a autora merecería que aquí aparecera o seu nome. Collémosllo prestado para que o vexades todos e todas cun fin unicamente educativo. Grazas por compartir!

Agora a desfrutar...

Wednesday, 22nd April Earth day!

Today is Earth day! Every year is an important date, but this one is even more important!

Hoxe é o Día da Terra! Todos os anos é unha data importante, pero éste o é aínda máis!

Aquí tedes unha serie de recursos para todos os cursos.

Para os máis pequechos:

 

 

 

Para xogar a reciclar: Clean and green  https://learnenglishkids.britishcouncil.org/games/clean-and-green

PROPOSTAS DÍA 21 DE ABRIL

Baía Edicións pon á vosa disposición varios títulos para ler de forma gratuíta e dende os 4 aos 12 anos. Pica AQUÍ e desfruta de títulos como: "Nube Branca quere ser astronauta" de Pablo Nogueira e Manuel Uhia, a "Casa máis animada do mundo" de Cristina Sáez e Almudena Aparicio ou "O tempo do revés" de María Solar, Arturo Iglesias e  Xosé Tomás. 

Tuesday, 21st April

Todos  os días as 11:00 am o grupo Macmillan ofrece un conto en directo para os nenos e nenas. As historias permanecen publicadas por tempo limitado na súa web. Se vos apetece aquí queda o enlace. 

http://www.macmillaneducation.es/teachers-corner/en-casa-con-macmillan/macmillan-live/#macmillan_story_corner

Copiadeo e pegádeo na barra de direccións ou clicade no seguinte

 https://www.macmillaneducation.es/teachers-corner/en-casa-con-macmillan/macmillan-live/?utm_source=Macmillan+Education+Iberia&utm_campaign=d5691ec1e1-EMAIL_CAMPAIGN_2020_04_21_07_43_COPY_01&utm_medium=email&utm_term=0_7012a8a20a-d5691ec1e1-147365417#macmillan_story_corner

Hoxe martes, salvo cambio na programación "Jack and the beanstalk" (As habichuelas máxicas).

Distribuir contenido


by Dr. Radut