Skip to Content

Blogs

OS CONTOS DE 5ºB DE EI

Chégannos cousiñas dos nenos e nenas que non podemos deixar de compartir con todos e todas vós, aquí están os pequenos lectores de 5ºB de Educación Infantil ensinándonos os seus libros. 

PROPOSTAS PARA O MARTES 19 DE MAIO

 

LENGUA: Páxina 170 e 171 exercicios 1,2,3 e 4. 

"XOGOS OLÍMPICOS": OLIMPÍADAS DAS LINGUAS. Hoxe camiñamos un pasiño máis cara a medalla olímpica de experto en linguas. Toca repasar un pouquiño de ortografía. Atrevédesvos? Pois picade AQUÍ para ir a unha das fichas. Unha vez feita esa podedes facer a que aparece más abaixo. Se queredes que vexamos como vos saíron xa está habilitada a opción de "enviar a tu profesor" introducindo o mail: carraleses@gmail.com  Non olvidedes poñer o voso nome e curso para que saibamos de quen son. 

 

 

Ortografía, una ficha interactiva de analois
liveworksheets.com

PROPOSTAS PARA O LUNS 18 DE MAIO

 

MATEMÁTICAS: Páxina 163 e 164.

HORA DE LER: Lede as páxinas 168 e 169 do libro de Lengua. 

XOGOS OLÍMPICOS: OLIMPÍADAS DAS LINGUAS. Durante toda esta semana celebraremos as nosas peculiares Olimpíadas dende a casa e a través dos xogos que vos propoñemos. Aquí vos deixamos os de hoxe: rimas e trivial de adiviñas. Ide completando cada unha destas actividades e a ver se ao final conseguides a medalla!

 

TELEJORNAL DAS LETRAS GALEGAS

O profesorado de Educación Infantil do centro déixavos este telexornal sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero. Feliz Día das Letras Galegas para todos e todas!

TELEJORNAL DIA DAS LETRAS GALEGAS 2020 RICARDO CARVALHO CALERO from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

O NOSO MUSEO

 

O noso museo non pode ser máis bonito... Parabéns artistas!

MUSEO DO CORPO HUMANO from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

PROPOSTAS PARA O 15 DE MAIO

 

SOCIAIS E NATURAIS: Fai a ficha das partes do ordenador. 

 

HORA DE LER: Visita o blog de Dinamización da Lingua Galega picando AQUÍ. Hai novas propostas para coñecer a Ricardo Carvalho Calero.

LINGUA: Colle as fichas dos versos de Rosalía de Castro. Tes que recortalos e construír o teu propio poema a partir deles. Le ben antes o que din e agrúpaos como ti queiras para formar unha nova poesía. Cando os teñas seleccionados pégaos nun folio, ilústraos e constrúe un murmurador para recitarllo á túa familia. Aquí che deixamos tamén as instrucións de como facelo.

BO DOMINGO DE LETRAS GALEGAS!

PROPOSTA PARA OS MÁIS MAIORES:

Bo día a todos e todas.

Hoxe queremos presentarvos máis polo miúdo ao autor das Letras Galegas deste ano, Ricardo Carbalho Calero,  aos máis maiores, polo que traemos para o alumnado de Educación Primaria un telexornal realizado polo alumnado do CPI dos Dices. Neste vídeo podedes ver que ben nos falan del os rapaces e rapazas de Rois.

 

PROPOSTA PARA OS MÁIS PEQUENOS:

 No días de hoxe tamén temos una proposta para os mais pequenos e pequenas. Propoñémosvos que visitedes o enlace a un conto de Carvalho Calero chamado AS PITAS BAIXO A CHOIVA, picade AQUÍ para ir a el. 

 

A parte deste conto podedes escoitar catro cancións relacionadas se queredes, incluso podedes descargar a Unidade Didáctica, onde atoparedes algunhas fichas.

Botádelle un ollo ao conto e as cancións! Esperamos que vos gusten!

 

 

ANO RICARDO CARBALHO CALERO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

 

CliknPlay: outra forma de practicar

CliknPlay é unha plataforma lúdica de aprendizaxe de inglés que ofrece os seus contidos en aberto durante o confinamento. Se vos resulta de interés ou queredes probar, sempre con permiso e supervisión das familias, debedes acceder no enlace que deixo máis abaixo. Teredes que dar nome e apelido, unha dirección de correo electrónico e aceptar as condición de uso (ledeas primeiro).

https://games.cliknplay.com/

PROPOSTAS PARA O XOVES 14 DE MAIO

 

MATEMÁTICAS: Páxinas 161 e 162.

HORA DE LER: Visita as propostas do Blog de Dinamización da Linga Galega dentro da web do cole picando AQUÍ, así poderás aprender moitas cousas sobre Ricardo Carvalho Calero o autor homenaxeado polas letras galegas  este ano (o domingo 17 de maio).

LINGUA: Fai un PAREADO co teu nome, entre todos e todas faremos os pareados dos nenos e nenas das clases de 2º. 

XOVES 14 DE MAIO: TELEGRAMAS.

Pescudando na vida de Ricardo Carvalho Calero, descubrimos que no verán de 1936, houbo un feito que marcou para sempre a este escritor así como na historia española: desátase a Guerra Civil. 

Daquela, Ricardo, atopábase en Madrid preparándose para converterse en profesor de instituto, pero a súa muller, María, estaba embarazada e está en Galicia, zona que queda baixo dominio fascista e coa que é moi complicado establecer comunicacións. Por sorte, as boas novas sortean os fusís e recibe un TELEGRAMA no que se daba conta do nacemento da súa filla, antes de que se cortaran todas as comunicacións: “María moi ben, Magalí moi guapa”. (María é a súa muller, Magalí a súa filla)

Así, dada a situación particular que estamos a vivir dende fai un par de meses, propoñemos que fagades un telegrama dirixido aos vos@s compañeir@s de clase, profesorado, familias, persoal de comedor, etc. Ten que ser unha mensaxe breve e concisa (un saúdo, unha mensaxe de ánimo, frases bonitas, verbas de cariño e amor...). Para iso, poderedes recortar letras ou palabras de xornais, revistas... ou mesmo podedes escribila inspirándovos na caligrafía da época. 

 

Unha vez feito ese telegrama, sacade unha fotiño con el e mandádea ao correo javier.gayoso@edu.xunta.es antes do día 23 de maio. 

 

            Despois faremos un vídeo con todas elas e colgarémolo na páxina do cole.

 

            Aquí vos vai o noso telegrama dende o EDLG:

“Nós estamos ben. Querémosvos un mundo. Temos ganas de vervos. Un saúdo moi agarimoso a tod@s!” 

 

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA

     Achégase a adaptación da programación de educación física no terceiro trimestre na área de Educación Física.

Distribuir contenido


by Dr. Radut