Skip to Content

Blogs

PROPOSTAS PARA O MÉRCORES 13 DE MAIO

 

LENGUA: Fai a seguinte ficha sobre os poemas. 

 

Despois de completar a ficha anterior e coa que fixeche onte diante, agora que xa tes as palabras que riman cos números, FAI TI UN POEMA COAS TÁBOAS como as cantigas de Miliki. Elixe a táboa que ti queiras e escribe como no exemplo. A rimar!

Uno por uno es uno,

y como tú no hay ninguno.

Uno por dos es dos,

cuidado que tengo tos.

 

HORA DE LER: Na hora de ler deixámosvos un poema de Antonio García Teijeiro, esperamos que vos guste. 

PROPOSTA PARA O MÉRCORES 13 DE MAIO: ESCAPE ROOM.

 

Ola a tod@s!!

Aquí vos deixamos uns xogos moi sinxelos e entretidos para seguir aprendendo sobre Ricardo Carvalho Calero. Seguide con moita atención as instrucións e chegaredes a descubrir algún segredo! 

Deixámosvos dúas propostas, unha para os máis pequenos e pequenas da casa e outra para os máis maiores:

 

Infantil:

 

Primaria:

 

Bulide!!

Que seguro que vos van gustar!!

ANO RICARDO CARVALHO CALERO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

PROPOSTAS PARA O MARTES 12 DE MAIO

 

MATEMÁTICAS: Páxinas 159 e 160.

HORA DE LER

LENGUA: Facede a seguinte ficha, buscade palabras que rimen cos números.

PROPOSTAS PARA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este domingo 17 de Maio celébrase o día das Letras Galegas.

Desta volta dedícaselle a Carvalho Calero, gran sabio de Galicia e un home que fixo moitísimas cousas na súa vida.

Se non sabedes todo que fixo na súa vida podedes ir descubríndoo  día a día neste calendario interactivo creado pola mestra Azucena.

Aquí vos quedan os enlaces!

Para Educación Infantil:

 

Para 1º de Educación Primaria:

 

Para 2º e 3º de Educación Primaria:

 

Para 4º, 5º e 6º de Educación Primaria:

 

Agardamos que vos preste!!!

Apertas enormes!!!

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Durante esta semana e co gallo das Letras Galegas visitade o Blog de Dinamización da Lingua Galega picando AQUÍ, atoparedes un montón de actividades para coñecer ao homenaxeado deste ano, Ricardo Carvalho Calero. 

Monday, 11th May!

Hello everybody!

Algunhas aclaracións:

Non sempre o traballo que envío ao Concello é exactamente igual ao que aparece no blog, aínda que se traballen as mesmas cousas.

Se podedes entrade no blog, alomenos unha vez á semana, para ver as diferentes actualizacións. Recordade que habitualmente fago dúas entradas semanais para 1º e 2º e tres para 3º e 4º.

Se facedes traballo "online", cando rematedes picade en "Finish". Aparecen dúas opcións: "Check my answers" and "Email my answers to my teacher".

Se picades na primeira, veredes unha corrección online (podedes repetir tantas veces como desexedes).

Se picades na segunda (Email my answers to my teacher) , teredes que cubrir os datos que aparecen e tamén escribir o correo carralenglish@gmail.com.

Se non hai problemas (que as veces si os hai) ao día seguinte recibo os vosos resultados. Se ademáis do nome, escribides o voso correo, facedes que sexa máis doado para min comunicarvos a recepción da actividade. 

O espazo onde estou escribindo agora, é a páxina principal do blog. Aquí escribo o que é de interés para todos os cursos, por iso  pode aparecer algunha "actividade extra" que penso pode ser do agrado de todos.

Por último recordarvos que se tedes calqueira dúbida ou inquedanza vos poñades en contacto conmigo.

Lots of hugs! I miss you so much!

PROPOSTAS PARA O LUNS 11 DE MAIO

 

LENGUA: Páxinas 162 e 163. Os poemas. 

HORA DE LER: Frederick de Leo Leonni, o rato poeta da Editorial Kalandraka. 

Ademais visita o blog da biblio, alí atoparás unha proposta para elaborar un DIARIO DE CONFINAMENTO e presentalo ao concurso que convocan os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do cole e o IES de Carral. 

CONCURSO DE DIARIOS

Dende a biblio queremos animarvos a participar no concurso que convocan os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES de Carral e do noso cole sobre os diarios de confinamento. Aquí vos deixamos as bases e unha mensaxe do coordinador, o profe Xabi. 

 

 

CONTOS EN CORENTENA

Velaquí a secuencia didáctica completa dos contos: ler contos; traballar coas diferentes partes: título, fórmulas de inicio e fin; personaxes protagonistas e antagonistas e a súa descrición; ilustracións; inicio, nó e desenlace... Recordade ben toda esta secuencia porque vos vai ser moi útil no futuro, ademais non olvidedes os pasos de todos os escritos de calidade: PLANIFICACIÓN, ELABORACIÓN DO BORRADOR, REVISIÓN E EDICIÓN.  

 

Parabéns, estades feitos uns escritores e escritoras excelentes!  Velaquí o fermoso libro de contos que construístedes entre todos e todas, nin máis nin menos que 106 páxinas!

 

Tamén vos deixamos dous vídeos de compañeiros lendo os seus contos:

CONTO BERTO from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

CONTO ROI from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Friday, 8th May

Rematamos unha semana máis!

Stay safe and have a rest! I'm going to do that!

PROPOSTAS PARA O 8 DE MAIO

 

MATEMÁTICAS: Páxinas 157 e 158.

HORA DE LER: Deixámosvos o seguinte xogo para desfrutar en familia, lede ben as instrucións e a mover o corpo.

OS MAIOS: Visitade o blog da biblioteca picando AQUÍ, alí atoparedes unha proposta para celebrar os maios, o mes das flores. 

FAI O TEU MAIO

Ola a todos e todas!

Propoñémosvos que esta fin de semana vos animedes a CONSTRUIR O VOSO PROPIO MAIO para conmemorar a explosión da primavera e tamén que parece que podemos volver a desfrutar da natureza. Se vivides na aldea podedes recoller flores e plantas como fiuncho ou fentos e construir un, se vivides nun piso facede un debuxo ou recreade un maio con cousiñas que teñades pola casa e mandádenos as fotos ao correo javier.gayoso@edu.xunta.es. Con todas as recibidas montaremos un vídeo de benvida á primavera e ao mes de maio. Que vos parece? Aquí vos deixamos un vídeo explicativo de como se fai un elaborado polo Padroado da Cultura do Concello de Narón. Despois se queredes poderedes xogar coa ruleta que deseñamos sobre esta temática, dádelle ao botón de comezar. O prazo para a entrega de fotos é de todo o mes, ata o 1 de xuño. 

 

PROPOSTAS DÍA 7 DE MAIO

 

LENGUA: Páxina 158 e 159.

HORA DE LER: Practica os seguintes trabalinguas coa letra R.

EDUCACIÓN ARTÍSTICA, CIENCIAS NATURAIS E SOCIAIS: Usando calquera das técnicas que vimos no museo do corpo humano facede a vosa representación das MULLERES E DOS HOMES DO FUTURO. Como os imaxinades? Deixade voar a imaxinación. Pode ser unha escultura de papel, con barro, un collage, un debuxo... O que vos queirades! Con esta actividade rematamos o noso MUSEO DOS CORPOS PERFECTOS.

Distribuir contenido


by Dr. Radut