XORNADA DE XOGOS NAS PISTAS
O alumnado de 1º a 5º de Primaria gozou dunhas xornadas de xogos nas pistas deportivas do Concello, organizadas polos mestres de Educación Física. Botádelle unha ollada ao vídeo!
PDI ÁFRICA
Os nenos e nenas de 2º de Primaria queren compartir con vós o traballo de todo o ano, onde aprenderon un montón de cousas sobre África.
CLICADE NA IMAXE
Lembrade visitar o PDI DIVERSIDADE CULTURAL no blog de Leo e Mariña para ver outros traballos dos compañeiros e compañeiras do cole!!
CONTACONTOS 5º
Un grupo de nenas de 5º de Primaria representou para os nenos e nenas de 2º unha adaptación do conto "As princesas tamén se tiran peidos". Moitas grazas, chicas!!! Sodes unhas artistas!
PREMEDE NA IMAXE!
EXCURSIÓN FIN DE ETAPA
O alumnado de 6º de Primaria celebrou o Fin de Etapa nunha excursión ben completiña... Pasárono xenial cos xogos, na piscina, no cine...
Premede na imaxe
RAPEANDO NO VALES
A rapazada de 4ºC de Primaria está a piques de se converter en "Estrelas da Música". Mirade que rap compuxeron para aprender as preposicións... Están feitos uns artistas!!
CONTOS EN KAMISHIBAI
A rapazada de 2º versionou algúns contos e inventou outros, para adaptalos a Kamishibai, un teatriño en papel de orixe xaponés.
Non perdades a oportunidade de velos!
CLICADE NA IMAXE
CONTACONTOS PARA 1º...
A rapazada de 1º de Primaria tivo a sorte de participar nunha sesión de Contacontos de distintas obras de Miguel López, El Hematocrítico. Pasárono xenial!
PRAZO PARA SOLICITAR COMEDOR E MAÑANCEIROS PARA O CURSO 23-24
Hoxe, luns, dia 12 de xuño, o Concello de Betanzos abre o prazo para a renovación da praza no servizo de comedor escolar. Como o curso anterior, as persoas usuarias do servizo, teñen a praza asegurada, sempre e cando presenten a solicitude en tempo e forma.
Ao remate deste primeiro prazo, abrirase o correspondente para a presentación das solicitudes de novo ingreso.
- reserva de praza (alumnado que asistiu o curso anterior): do 12 ao 19 de xuño, ambos incluidos.
- nova solicitude (alumnado que solicita o servizo por primeira vez): de 20 ao 27 de xuño, ambos incluidos.
Pode ver a información completa PREMENDO NA IMAXE.
A DIVERSIDADE CULTURAL
Dentro do Proxecto Documental Integrado deste ano, Leo e Mariña propuxéronnos o reto de investigar sobre distintos países. Aquí tedes unha pequena mostra do que aprendimos.
Lembrade visitar o Blog de Leo para aprender máis cousiñas!!
clicade na imaxe
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »