OS MANDADOS DO MECO

O entroido xa vai vindo

e o disfraz temos que preparar

prestade moita atención

que a función vai comezar!

 

 

O LUNS unhas gafas para ver o mundo de cores e, tamén, poder voar entre estrelas e nubes.

O MARTES gafas e bufanda para ir preparando a saída de parranda.

O MÉRCORES gafas, bufanda e regadeira, xa está a festa enteira!

O XOVES pon agora o pixama e listo para ir de farra!!