Dende o día 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro, está aberto o prazo para realizar a reserva de praza no centro de adscrición (IES de Mugardos), para o alumnado que cambia de etapa educativa.
As solicitudes deberán presentarse na secretaría do noso centro os martes e venres de 09:00 a 09:50 horas, e o martes pola tarde de 16:00 a 17:00 horas, ou telemáticamente, a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), utilizando o menú: solicitudes- reserva- crear.
As familias que non queiran facer reserva no centro adscrito, deberán solicitar praza para os/as seus/súas fillos/fillas no centro da súa elección entre o 1 e o 20 de marzo.