Estimada comunidadade educativa;
Xa estamos a organizar o novo curso escolar, polo que vos indicamos algúns aspectos organizativos a ter en conta.
- O día 8 de setembro dará comezo a actividade lectiva en horario habitual, de 09:00 a 14:00 horas (o alumnado de educación infantil sairá 5 minutos antes).
- O servizo de transporte escolar e comedor funcionarán con normalidade.
- As cancelas do centro abriranse ás 08:55 horas, podendo acceder ao recinto o alumnado e as familias.
- O alumnado de educación infantil poderá acceder ao recinto pola cancela das escaleiras e pola cancela de corredera, debendo entrar posteriormente no patio cuberto. Sairá pola porta traseira do edificio.
- O alumnado de 1º e 2º de primaria accederá ao centro pola cancela pequena, e sairá pola porta traseira do edificio.
- O alumnado de terceiro e cuarto, poderá acceder ao recinto pola cancela das escaleiras e pola cancela de corredera. Sairá pola porta traseira do edificio.
- O alumnado de 5º e 6º poderá acceder ao recinto pola cancela das escaleiras e pola cancela de corredera. Sairá pola pola cancela pequena.
As reunións de inicio de curso, levaranse a cabo nas aulas de referencia de cada grupo, nas horas e datas que se indican a continuación:
CURSO |
DATA |
HORA |
4º EDUCACIÓN INFANTIL |
6 DE SETEMBRO |
17:00 |
5º EDUCACIÓN INFANTIL |
6 DE SETEMBRO |
18:00 |
6º EDUCACIÓN INFANTIL |
6 DE SETEMBRO |
18:00 |
1º EDUCACIÓN PRIMARIA |
13 DE SETEMBRO |
16:15 |
2º EDUCACIÓN PRIMARIA |
27 DE SETEMBRO |
16:15 |
3º EDUCACIÓN PRIMARIA |
6 DE SETEMBRO |
17:00 |
4º EDUCACIÓN PRIMARIA |
20 DE SETEMBRO |
16:30 |
5º EDUCACIÓN PRIMARIA |
20 DE SETEMBRO |
16:30 |
6º EDUCACIÓN PRIMARIA |
5 DE SETEMBRO |
16:30 |
Bo curso a todos e todas!