NAVEGA CON RUMBO

O noso centro participou no Programa "Navega con Rumbo", unha iniciativa, dirixida ao alumnado de 5º e 6º de primaria, encamiñada a que os e as escolares, naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A intención do programa é que o alumnado se conciencie da necesidade de facer un uso responsable das tecnoloxías da comunicación e información, para poder aproveitar todo o que nos ofrece, adquirindo boas experiencias e novos coñecementos.