SESIÓN SOBRE PREVENCIÓN DE ADICCIÓN ÁS TIC

Ao longo do curso escolar desenvólvense programas enmarcados no Plan de Promoción da Saúde e Prevención de condutas aditivas, ofertada pola agrupación de Concellos de Mugardos, Fene, Neda e subvencionadas pola consellería de Sanidade.

No programa Saúde na escola, se enmarcan os obradoiros de intervencións socioeducativas: ‘’Desenrédate” dirixido ao alumnado de 3ºciclo de primaria, 1º ciclo de ESO e ás familias (no que o alumnado do noso centro recibíu varias sesións durante o trimestre).

Esta proposta ten por obxecto promover accións informativas e formativas proporcionando pautas educativas do uso saudable e responsable das novas tecnoloxías (TICS), ao tempo que se realiza prevención a nivel escolar e familiar.

Preténdese crear un espazo no que as familias poidan expresar as súas inquedanzas, dúbidas e dificultades; tamén para aprender e reflexionar conxuntamente.