LETRAS GALEGAS 2017
Este ano o noso centro participou no concurso escolar para a elaboración dunha exposición conmemorativa das Letras Galegas 2017, na categoría de infantil e primaria, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
De ter gañado, os nosos carteis, elaborados polos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Tirán, estarían colgados en todos os centros educativos de educación infantil e primaria da nosa comunidade autónoma. Pero non foi así.
De tódolos xeitos, o secretario xeral de Política Lingüística, agradeceunos o traballo a todos e a cada un dos nenos e nenas que participaron no proxecto, así como animounos a seguir traballando na "mellora e engrandecemento da educación e a cultura de Galicia".
Aquí vos deixamos a unidade didáctica que elaboramos, por se queredes visualizala ou descargala para traballar con ela, así como os letreiros que fixemos para decorar os centros educativos, seguindo unha liña biográfica do homenaxeado neste 2017: Carlos Casares Mouriño.
Unidade Didáctica (premer na imaxe)
Carteis (premer en cada un deles):
Adxunto | Tamaño |
---|---|
GUÍA CARLOS CASARES -- CEIP Plurilingue Tiran.pdf | 2.23 MB |
Cartel-1.jpg | 5.14 MB |
Cartel-2.jpg | 4.12 MB |
Cartel 3.jpg | 4.31 MB |
Cartel 4.jpg | 3.84 MB |
Cartel 5.jpg | 3.5 MB |
Cartel 6.jpg | 3.81 MB |
Cartel 7.jpg | 4.05 MB |
Cartel 8.jpg | 3.41 MB |
Cartel 9.jpg | 3.62 MB |
Cartel 10.jpg | 3.14 MB |