REUNIÓN 4º NIVEL DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

Convócase ás familias do alumnado do 4º nivel de Educación Infantil a unha reunión co equipo docente ás 10:30 horas do mércores 6 de setembro no edificio de Educación Infantil. Poderán asistir os propios nenos e nenas.

Toda a información relativa a material escolar explicarase nesa reunión.

Pregamos ás familias que descarguen a aplicación móbil ABALAR para estar ao corrente dos avisos achegados dende o centro.