Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Este venres 15 de xaneiro tivemos a honra de recibir a unha recoñecida pedagoga musical: Susa Herrera.
O equipo de mestres sentímonos moi agradecidos de que fixera posible esta visita para que o alumnado de educación infantil, 1º e 2º de educación Primaria gozase cos temas do seu Libro-disco no que a través de cada canción e cada animal presenta, tamén, distintos estilos musicais.
Moitísimas grazas, Susa
e ata pronto!!!
Hoxe os rapaces e rapazas de Educación Infantil axudaron a Leo a abrir o paquete que as SSMM de Oriente deixaron en resposta á carta que lle entregara ao Carteiro Real
O Abeto da Paz, o Amor e a Luz
ESTA É A HISTORIA DUNS PEQUENOS SOLES QUE, FARTOS DAS PELEXAS E ENFADOS DO MUNDO, DECIDIRON CONSTRUIR UNHA FERMOSA ÁRBORE CHEA DE:
- PAZ PARA CON TODOS FELICES VIVIR.
- AMOR PARA CON TODOS COMPARTIR.
- LUZ PARA OS PENSAMENTOS ALUMEAR..
DESFRUTADE NA VOSA CASA DUN ABETO DE PAZ , DE AMOR E DE LUZ.
FELIZ NADAL 2015 !!!
Os alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria presentaron o "lema de convivencia" que presidirá este mes de decembro:
RESPECTA AS TRADICIÓNS, SON AS NOSAS RAÍCES
RESPECT THE TRADITIONS, THEY'RE OUR ROOTS
O alumnado de 1º e 2º de primaria e de 6º infantil (5 anos) na saída á exposición "Sea to see"