Proxecto ARCO

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Pais/Nais

Sobreira Solidaria

 
 
 
 
 
 
 
 

 

Iniciar sesión

ENTROIDO 2024

O pasado venres 16 de febreiro celebramos o Entroido no cole. Aproveitando o programa de actividade física e hábitos saudables que estamos desenvolvendo no centro disfrazámonos das diferentes clases de alimentos da pirámide alimentaria. Uns foron de froitas, outros de legumes e hortalizas, outros de produtos lácteos e os mais maiores de alimentos proteicos. As nais da ANPA foron as cociñeiras e o noso Meco foi unha lambonada... Pasamos unha xornada con chocalatada, churros e outros produtos típicos desta data moi divertida!

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da xornada

 

11F- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe acudimos ao Museo Verbum para disfrutar do programa de actividades organizado polo Concello para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Primeiro asistimos a conferencia da investigadora biomédica  da Universidade de Vigo e divulgadora científica Nuria Estévez Gómez e logo a unhos talleres prácticos científico-tecnolóxicos que lles encantaron a todos os alumn@s de 5º e 6º de Ed. Primaria. Foi unha xornada moi interesante.

Aquí vos deixamos un vídeo.

 

CONMEMORANDO O DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro conmemoramos o Día Internacional da Paz e Non Violencia.

Nesta ocasión decidimos participar no proxecto "Solidarios con África" (OAOA Tanzania 2023) e estamos moi satisfeitos da gran acollida que esta proposta tuvo entre toda a comunidade educativa. 

Para levar a cabo a actividade sensibilizamos ao alumnado ca causa (solidarizarse coa escola pública POLI PR en Tanzania para que os seus alumn@s poidan seguir asistindo a ela) e logo propuxemos un troco solidario á comunidade educativa (cambiar libros do espurgo da biblioteca por 1 € para aportar ao proxecto "Solidarios con África").

A proposta foi toda un éxito. Recaudamos casi 600€ que xa foron enviados ao proxecto. O obxectivo é reparar o teito da escola e construir uns baños. As evidencias chegararannos dentro duns meses.

Moitísimas grazas á comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares pola implicación!!

Aquí vos deixamos un vídeo da xornada.

XORNADAS PORTAS ABERTAS 2024

Xa temos preparadas as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS. Serán os días 15 e 22 de febreiro ás 16:30 horas. Podedes pedir cita enviando un correo electrónico ou por teléfonoEn caso de non poder asistir estes días, poñédevos en contacto con nós para axendar outra cita. 

Estaremos encantad@s de ensinar o noso centro a todas as familias interesadas en coñecelo. 

 

ESCOLARIZACIÓN 2024-2025. CALENDARIO

Aquí vos deixamos un resumo dos distintos procesos e datas da escolarización do alumnado para o vindeiro curso escolar 2024-2025.

1. Reserva de praza nos centros adscritos: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro. Publicación das reservas admitidas: antes do 28 de febreiro.

2. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

3. Presentación de solicitude de praza ordinaria (noutros centros ou nova admisión): do 1 ao 20 de marzo.

4. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: 25 de abril

5. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio

6. Formalización matrícula en Educación Infantil y Primaria: 20-30 de xuño

7. Formalización matrícula en Secundaria: 23 xuño - 7 xullo

FELICES FESTAS

A última semana do trimestre aproveitamos para facer actividades de Nadal. Fomos ao "Circo do Nadal", fixemos tarxetas de felicitación entre maiores e máis pequenos e, o último día, ademais de recibir a Papá Noel celebramos as campanadas. Agradedemos a nosa ANPA a organización deste día, saiu todo xenial!

 

Que o 2024 nos traia novas experiencias e retos cos que poder seguir avanzando...

 

CONMEMORACIÓN DIVERSIDADE

O 3 de decembro celébrase o día Internacional da Discapacidade. No noso cole quixemos que fora algo máis que unha celebración e plantexamos unha conmemoración á diversidade, concepto que forma parte da nosa liña de traballo, "ver a diversidade coma unha oportunidade". 

Contamos coa colaboración de COCEMFE (Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica) e, grazas a eles, leváronse a cabo unhas extraordinarias sesións e talleres de sensibilización con todo o alumnado. Foi unha experiencia fantástica, aos nen@s encantoulles e chegoulles a mensaxe, que eso é o realmente importante. Queremos agradecer a Marcia e a Moncho o seu traballo durante as 3 xornadas con nós. Moitísimas grazas!!

Aquí vos deixamos un vídeo destas e doutras actividades que fixemos no cole por esta data.

 

 

25N - DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Aquí vos deixamos uns  vídeos das actividades  que fixemos con motivo do 25N.

 

25N

 

25N

 

MAGOSTO 2023

O pasado 17 de novembro celebramos o Magosto no cole. Con xogos populares, chouripán e castañas asadas pasamos unha xornada fantástica. Agradecemos a ANPA Sobreira  a súa colaboración.

Aquí vos deixamos un vídeo da xornada.

 

AXUDAS MUNICIPAIS A FAMILIAS CON FILLAS E FILLOS EN ENSINO OBRIGATORIO

Pincha aquí para acceder á convocatoria.

Como novidade, para os que solicitaron a axuda o curso pasado, NON TEREDES QUE ACHEGAR CERTIFICADO DE MATRÍCULA. Tan só achegarase a Declaración Responsable que ven coa solicitude.

Os que a solicitades por primeira vez ou cambiaron as vosas circunstancias, podedes solicituar o certificado de matrícula na Secretaría do centro.

Prazo: do 25 de novembro ao 25 de xaneiro.

Solicitude: Poderá solicitarse por vía telemática (preferente) ou presencial.

Pincha AQUÍ para cubrir a solicitude.

HALLOWEEN 2023/24

O pasado mes de Outubro celebramos Halloween no noso cole!

A rapazada de Sobreira traballou un montón para facer unha terrorífica exposición de cabazas! Ademais xogamos nas aulas de inglés, fixemos "trick or treat" e tamén tivemos unha gran festa de Halloween.

Neste vídeo mostrámosvos como foi esa exposición.

Foi unha xornada xenial! 

 

VENDIMIANDO

Aproveitando a entrada do outuno, os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron a venidimia coas súas profes. Recolleron as uvas das vides, divertíronse facendo o zume e, para rematar, probamos o mosto. Estaba riquísimo! 

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da xornada 

BENVIDA

Así foi o noso primeiro día... Con bos desexos, cun picnic e coa actuación de "Cé orquestra pantasma". Unha agradable xornada de convivencia. 

Grazas, ANPA Sobreira, pola vosa colaboración.


CALENDARIO ESCOLAR 2023 - 2024

 

calendario 2023-2024 

OS DÍAS NON LECTIVOS PARA ESTE CURSO SERÁN  

O 13 DE OUTUBRO

E O 16 DE MAIO