Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
O pasado venres 16 de febreiro celebramos o Entroido no cole. Aproveitando o programa de actividade física e hábitos saudables que estamos desenvolvendo no centro disfrazámonos das diferentes clases de alimentos da pirámide alimentaria. Uns foron de froitas, outros de legumes e hortalizas, outros de produtos lácteos e os mais maiores de alimentos proteicos. As nais da ANPA foron as cociñeiras e o noso Meco foi unha lambonada... Pasamos unha xornada con chocalatada, churros e outros produtos típicos desta data moi divertida!
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da xornada
Hoxe acudimos ao Museo Verbum para disfrutar do programa de actividades organizado polo Concello para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Primeiro asistimos a conferencia da investigadora biomédica da Universidade de Vigo e divulgadora científica Nuria Estévez Gómez e logo a unhos talleres prácticos científico-tecnolóxicos que lles encantaron a todos os alumn@s de 5º e 6º de Ed. Primaria. Foi unha xornada moi interesante.
Aquí vos deixamos un vídeo.
O pasado 30 de xaneiro conmemoramos o Día Internacional da Paz e Non Violencia.
Nesta ocasión decidimos participar no proxecto "Solidarios con África" (OAOA Tanzania 2023) e estamos moi satisfeitos da gran acollida que esta proposta tuvo entre toda a comunidade educativa.
Para levar a cabo a actividade sensibilizamos ao alumnado ca causa (solidarizarse coa escola pública POLI PR en Tanzania para que os seus alumn@s poidan seguir asistindo a ela) e logo propuxemos un troco solidario á comunidade educativa (cambiar libros do espurgo da biblioteca por 1 € para aportar ao proxecto "Solidarios con África").
A proposta foi toda un éxito. Recaudamos casi 600€ que xa foron enviados ao proxecto. O obxectivo é reparar o teito da escola e construir uns baños. As evidencias chegararannos dentro duns meses.
Moitísimas grazas á comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares pola implicación!!
Aquí vos deixamos un vídeo da xornada.
Xa temos preparadas as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS. Serán os días 15 e 22 de febreiro ás 16:30 horas. Podedes pedir cita enviando un correo electrónico ou por teléfono. En caso de non poder asistir estes días, poñédevos en contacto con nós para axendar outra cita.
Estaremos encantad@s de ensinar o noso centro a todas as familias interesadas en coñecelo.
Aquí vos deixamos un resumo dos distintos procesos e datas da escolarización do alumnado para o vindeiro curso escolar 2024-2025.
1. Reserva de praza nos centros adscritos: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro. Publicación das reservas admitidas: antes do 28 de febreiro.
2. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
3. Presentación de solicitude de praza ordinaria (noutros centros ou nova admisión): do 1 ao 20 de marzo.
4. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: 25 de abril
5. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio
6. Formalización matrícula en Educación Infantil y Primaria: 20-30 de xuño
7. Formalización matrícula en Secundaria: 23 xuño - 7 xullo
A última semana do trimestre aproveitamos para facer actividades de Nadal. Fomos ao "Circo do Nadal", fixemos tarxetas de felicitación entre maiores e máis pequenos e, o último día, ademais de recibir a Papá Noel celebramos as campanadas. Agradedemos a nosa ANPA a organización deste día, saiu todo xenial!
Que o 2024 nos traia novas experiencias e retos cos que poder seguir avanzando...
O 3 de decembro celébrase o día Internacional da Discapacidade. No noso cole quixemos que fora algo máis que unha celebración e plantexamos unha conmemoración á diversidade, concepto que forma parte da nosa liña de traballo, "ver a diversidade coma unha oportunidade".
Contamos coa colaboración de COCEMFE (Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica) e, grazas a eles, leváronse a cabo unhas extraordinarias sesións e talleres de sensibilización con todo o alumnado. Foi unha experiencia fantástica, aos nen@s encantoulles e chegoulles a mensaxe, que eso é o realmente importante. Queremos agradecer a Marcia e a Moncho o seu traballo durante as 3 xornadas con nós. Moitísimas grazas!!
Aquí vos deixamos un vídeo destas e doutras actividades que fixemos no cole por esta data.
O pasado 17 de novembro celebramos o Magosto no cole. Con xogos populares, chouripán e castañas asadas pasamos unha xornada fantástica. Agradecemos a ANPA Sobreira a súa colaboración.
Aquí vos deixamos un vídeo da xornada.
Pincha aquí para acceder á convocatoria.
Como novidade, para os que solicitaron a axuda o curso pasado, NON TEREDES QUE ACHEGAR CERTIFICADO DE MATRÍCULA. Tan só achegarase a Declaración Responsable que ven coa solicitude.
Os que a solicitades por primeira vez ou cambiaron as vosas circunstancias, podedes solicituar o certificado de matrícula na Secretaría do centro.
Prazo: do 25 de novembro ao 25 de xaneiro.
Solicitude: Poderá solicitarse por vía telemática (preferente) ou presencial.
Pincha AQUÍ para cubrir a solicitude.
O pasado mes de Outubro celebramos Halloween no noso cole!
A rapazada de Sobreira traballou un montón para facer unha terrorífica exposición de cabazas! Ademais xogamos nas aulas de inglés, fixemos "trick or treat" e tamén tivemos unha gran festa de Halloween.
Neste vídeo mostrámosvos como foi esa exposición.
Foi unha xornada xenial!
Aproveitando a entrada do outuno, os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron a venidimia coas súas profes. Recolleron as uvas das vides, divertíronse facendo o zume e, para rematar, probamos o mosto. Estaba riquísimo!
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da xornada
Así foi o noso primeiro día... Con bos desexos, cun picnic e coa actuación de "Cé orquestra pantasma". Unha agradable xornada de convivencia.
Grazas, ANPA Sobreira, pola vosa colaboración.
OS DÍAS NON LECTIVOS PARA ESTE CURSO SERÁN
O 13 DE OUTUBRO
E O 16 DE MAIO