Día do Libro en convivencia co IES Valadares

Para conmemorar o Día do Libro organizamos actividades conxuntas co alumnado do IES Valadares.

 

O alumnado de Educación Infantil recibiu aos alumnos e alumnas do IES Valadares que fixeron de "padriños" e "madriñas" lectores e intercambiaron agasallos: mini-libros para os cativos da Sobreira e rosas para os chicos e chicas do IES.

 

O alumnado de Educación Primaria foi ao Instituto para desfrutar das representacións do "Monstro de cores", un capítulo do "Quixote" e compartir unha merenda!!