Gústanos o Galego!! Día do Libro

Estimadas familias, o Equipo de mestras pola  Dinamización da Lingua Galega (EDLG) queremos pedir a vosa colaboración para celebrar o DÍA DO LIBRO (23 abril).

Esta vez gustaríanos que os nenos e nenas, coa vosa axuda, fixeran un debuxo do conto ou libro, EN GALEGO, que máis lles guste.

 Poden decorar a ficha (que quedará coas instrucións por dentro), escribir o título, autor... e despois recortar. 

Colgaremos todos os libros facendo un camiño ata a LEOTECA, para chegar todos xuntos á mesma idea:

GÚSTANOS O GALEGO!!!

 Moitas grazas pola vosa colaboración.