O Conto de Leo León

    A nosa mascota Leo León sentía morriña da súa vila, o lugar onde nacera aló en África. A súa orixe estaba en Tanzania, nun recuncho do Parque Nacional do Serenguetti, onde se criara el e os seus irmáns, onde escoitara historias e contos que fixeron del un devorador de libros.

 

    Despois de darlle moitas voltas,  tomou unha decisión: Viaxaría ao seu pobo no verán! No colexio da Sobreira remataban as clases e a verdade é que unha mascota de biblioteca non ten moito traballo cando non están os rapaces/as, mestres/as, pais, nais...

 

    Buscou a súa vella maleta e gardou todo o que podería precisar para unha viaxe tan longa: gorra e lentes para o sol, repelente de mosquitos, cepillo para os dentes, e , por suposto, non podían faltar uns cantos libros para entreterse durante o traxecto.

 

    Cando rematou de preparar todo  tomou a circunvalación do CUVI, logo a Avda. do  Aeroporto e xa estaba en Peinador. Despois de facturar embarcou nun Boing AR22 rumbo a África e alí colleu o autobús que o deixou na entrada do Parque. Aaaaah! Por fin chegara! Dez horas de viaxe das que case non se decatou porque para iso levara: libros de misterio, libros de aventuras, libros de xeografía, libros de poesía, cómics... Levaba a maleta tan chea como algúns nenos/as do "cole"!

 

   Entrou no parque e percorreu rapidamente a Rúa Pradeira, a avenida máis longa da súa vila: Colina* Felina e dirixiuse a Pradeira número 12 onde estaba o enderezo da súa familia. Colina Felina era un sitio fantástico: extensas chairas cubertas de herba, estepas e todos aqueles sitios que tan ben coñecía e onde el e os seus irmáns xogaran e aprenderan. Alí todo era posible. Comezou a correr coma un tolo visitando cada   lugar, saudou a todos os coñecidos, fixo novos amigos,....Uuuff! O sol quentaba bastante, xa era mediodía, estaba algo canso e tiña sono. Decidiu deitarse un anaco na pola dunha acacia. De súpeto e sen saber como, atopouse voando nunha vasoira, ou tal vez agora era unha fada? Desde ás alturas observou un coello branco que levaba moita presa, e el perseguíao cunhas botas e a cada paso que daba … sete leguas avanzaba. Mergullouse no fondo dun océano a bordo dun submarino e cando saíu á superficie ao carón del pasou un barquiño de papel. De pronto viuse voando nunha alfombra e tivo que esquivar uns feixóns que trepaban cara ao ceo, menos mal que levaba un paraugas máxico  e aterrou suavemente nun bosque! Asomouse ao toco dunha sobreira e precipitouse ao fondo dun mundo máxico onde a xente celebraba o seu aniversario todos os días do ano menos un. "Que maneira máis xenial de viaxar!" "Como lle gustaría aos nenos/as do colexio!"

 

   Cando espertou ao seu carón estaban algúns deses obxectos máxicos (a calquera, custaríalle crer o que vía pero unha mascota está acostumada a estes feitos extraordinarios). Leo León non tardou nada en argallar unha misión para encomendarlla aos nenos/as do colexio. Debía voltar inmediatamente á Biblioteca da Sobreira e desde alí organizar todo. Menuda sorpresa levarían!

 =============================================

    Leo León, a nosa mascota tróuxonos uns agasallos que nos axudarán a levar a cabo a tarefa que nos  propón para este curso: "Vivo Vigo con Leo": Descubriredes lugares misteriosos, paseos impresionantes, batallas e tesouros afundidos, parques naturais e o mellor de todo: sen saír da nosa cidade! Moi pronto recibiredes novas de Leo! Soamente tedes que agardar uns días! Polo momento aquí tedes as mochilas viaxeiras para comezar a viaxe polo mundo dos contos e para facelo máis doado contaredes cun obxecto máxico deses que encheron os soños de Leo.

4º Educación Infantil 5º Educación Infantil 6º Educación Infantil

20.000 Leguas de

Viaxe Submarina

O Soldadiño de Chumbo Juan e os Feixóns Máxicos
     
1º Educación Primaria 2º Educación Primaria 3º Educación Primaria
Peter Pan Aladin Harry Potter
     
4º Educación Primaria 5º Educación Primaria 6º Educación Primaria
O Gato con Botas Mary Poppins    Alicia e o País das Marabillas

 

  (clica nos botóns para ir aos apartados)  
 

blogue

de novas

 

Animación

á lectura

   

Formación

de usuarios

 

 

O Conto de Leo León

O Conto

de Leo León

 

Préstamo/

Catálogo

 

(clica para ver o video do gran cambio, como era e como é agora a nosa Leoteca)  

Antes e Agora

 

 

Busca un libro

OPAC (Online Public Access Catalog)

Recomendacións

Animación á Lectura

Voluntariado

Desiderata

 

Proxectos PDI

Formación de Usuarios


Catálogo

Videos da Leoteca


Enquisas

Noticias en Bibliosoños

Novas/Xornal/Radio