Dende a aula de educación musical imos participar no Salón do Libro de Pontevedra cun "franelograma" moi particular...
As cabezas das distintas figuras (redonda, branca, negra e corcheas) son animais e a súa "lingua", de modo que esta bichería canta moito!!
Cada alumna e alumno escolleu un animal deste libro que foi o xerme e inspiración para este canto moi animado!!!
Esperamos que todas as nenas e nenos que visiten o Salón en Pontevedra o pasen en grande cos libros do noso "stand"