Na titoría traballamos cos xornais. O mes de abril está especialmente adicado ás letras coa semana da prensa e do libro. Analizamos as distintas tipografías e estivemos a estudar as partes dunha nova, localizar os mapas meteorolóxicos e recoñecer a publicidade.
Cos nosos gorros de papel convertémonos en xornalistas para redactar os artículos que se publicarán no xornal-revista do cole, e recollimos todo este traballo nun gran mural que teremos colgado na clase por unha tempada.