Actividade para 4º e 5º de Educación Primaria
LUDOTECA LINGÜÍSTICA
A “Ludoteca Lingüística” é un proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos tradicionais, a disposición de xogos novos e diferentes, e xogos lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega.