Hoxe, guiados por Dona Isabel, recollemos fabas escollendo os tirabeques que degustaremos a vindeira semana cunha saborosa receita.
Tamén trasplantamos as amoras sen espiñas que comezaran sendo unha vara e agora xa teñen un bo cepellón de raíces, follas e incluso algunha floriña.
Por último, aproveitamos para limpar nos setos e deixar a terra preparada.