Para conmemorar o Día da familia, que mellor que facer unha manualidade todos xuntos?
Deixámosvos unha serie de propostas, xunto cuns contos para traballar os distintos tipos de familias:
- Facer unha casiña nun folio e debuxar os membros da nosa familia.
- Empregar depresores/paucillos de xeados para facer a estructura da casiña e despois pegar un debuxo da familia.
- Outra opción sería debuxar unha árbore e despois pegar o contorno das mans na mesma.
- Empregando tamén as mans, poderemos pegar nun cadro unha foto da familia e estampar as nosas mans.
- E se queremos ter un puzle, podemos imprimir unha foto e pegala nuns depresores, para posteriormente recortala.
- Tamén podemos decorar unha maceta coas nosas mans.
Tamén podedes gozar dun rato xuntos, descubrindo diferentes tipos de familias con...:
- Un puñado de botones: https://www.youtube.com/watch?v=L8oe2tNA0PQ
- El libro de la familia: https://www.youtube.com/watch?v=n71da83EKsM
- La mejor familia del mundo: https://www.youtube.com/watch?v=Vckd9SKL90c
- Con Tango son tres: https://www.youtube.com/watch?v=qL3KZvV4Xi0
FELIZ DÍA DA FAMILIA!!!