Que é Orella Pendella?
Este proxecto quere difundir a literatura popular infantil de Galicia. Recuperar, coñecer e practicar os xogos verbais dos nosos avós para que sigan sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.
Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron as brincadeiras dos/as nenos/as. Moitos dos ditos populares de Galicia son comúns a varios pobos de Europa e, incluso, de América e de África. De aí a enorme variedade e as múltiples versións que podemos escoitar por veces dun mesmo recitado.
É un proxecto aberto, onde podedes achegar os ditos, recitados e cancións que coñezades.
A páxina está aberta á túa colaboración, moitas grazas por participar.