O alumnado do 2º ciclo desenvolverá unha actividade no MARCO.
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo ven de inaugurar a exposición A Balea Negra sobre a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o museo. Trata algunhas cuestións do noso tempo, como a explotación da Natureza, o comercio marítimo e a globalización.