O alumnado do 1º ciclo asistirá a esta representación teatral.
Unha lembranza fantástica e festiva do gran circo de carpa alta
e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo
que lembran agora con monicreques de fíos e traballo cómico
actoral as glorias do seu pasado. Nun xogo participativo co
público, van aparecendo os números máis importantes daquel
vello circo xa esmorecido: o home máis forte da península
ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo e
durante unha hora... estaremos no circo!