14 de abril de 2020

Bo día nenos e nenas!!

Como foi o descanso? Como aínda non podemos voltar ao cole seguiremos mandando as propostas para poder ir repasando cousiñas que facedes tan ben porque xa comezou o terceiro trimestre!

English

Lengua

Sigo botándovos de menos! pero espero que pronto poidamos darnos unha aperta grande...

Neste novo trimetre gustaríame que compartades todo o que estades a facer. Podedes, polo de agora, mandarme ao correo electrónico debuxos, cartas, notas, receitas, manualidades, experimentos ou o que se vos ocorra para seguir vendo o ben que o facedes e poder compartilo por aquí coa clase.

Apertas enormes!!

Familias: Seguimos en contacto estes días pendentes das  medidas concretas a adoptar para o terceiro trimestre e final de curso. As instrucións recibidas ata o de agora podedes consultalas no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30809