A próxima semana celebramos a Semana Santa. Polo que estaremos de “vacacións” ata o día 13.
Para esta semana deixámosvos varias propostas:
A continuación explicamos cada unha delas. Esperamos que vos gusten!
COELLIÑO DE PASCUA
Neste vídeo que nos fixo a profe Conchi, aprendemos cómo facer o noso propio Coelliño de Pascua (https://youtu.be/HfiVQ2NIxZI).
Outra forma de facer o noso coelliño pode ser coas orellas móbiles (https://youtu.be/u0K9YW_MDYc). E para os máis atrevidos incluso podemos facelo coa súa propia cesta! (https://youtu.be/sQhz3QwCiS4).
E ti, como queres facer o teu coelliño?
EASTER BUNNY
Unha vez feito o noso coelliño, podemos cantar con él as súas cancións… practicando o noso inglés!
A teacher María recoméndanos o conto “Inside An Easter Egg: A Kids' Easter Story”, que podedes atopar aquí: https://youtu.be/P09FiCLhd1Q
Pero recordade que no apartado de Plurilingüismo tendes moitas propostas das nosas profes de inglés!
ÍMONOS DE VACACIÓNS
Xa que este ano non podemos sair da casa a visitar lugares que nos apetecían, podemos traer eses lugares ata a nosa casa. Como? Pois indo paso por paso:
Ademáis poderemos buscar os animais típicos que hai no lugar e, dunha forma moi sinxela o poderemos velos en realidade aumentada, dentro das nosas casas!:
Polo momento so poderemos ver: águia, cabra, cabalo, caimán, can, león, leopardo, lobo, gato, guacamayo, oso panda, oso pardo, ourizo, pato, pingüino , polvo, pony, rape, rottweiler, serpe, tiburón, tigre e tartaruga.
BÚSQUEDA DO TESOURO
E xa que estamos na casa, podemos preparar unha búsqueda do tesouro! Para iso necesitamos pensar en lugares onde agochar as pistas, e facer as pistas en función dos nosos nenos e nenas.
O primeiro a ter en conta é que, canto máis pequenos deixaremos as pistas máis visibles, ademáis de preparar un recorrido máis curto. E elexiremos o tema en función dos gustos dos vosos fillos e fillas: temática de animais, dunha película, dalgún xogo, dun sitio que lles guste, etc.
Pistas sinxelas: podemos poñer una foto ou un debuxo da parte da casa ou do obxeto no que atoparán a seguinte pista. Por exemplo: unha foto con algún boneco, debuxo dunha cama, do sofá, da tele…
Pistas con maior dificultade: para os que xa poden ler algo escribiremos a palabra onde atoparán a seguinte pista: CAMA, SOFÁ, CONTO DE FROZEN…
Tipos de probas para a búsqueda do tesouro
Podemos empregar as mesmas pistas como probas para conseguir a seguinte, ou podemos facer unha proba antes de que consigan a pista. Algún exemplo de proba podería ser:
E unha vez cheguen ó final terán nun cofre / caixa / baúl (o que teñades por casa) o tesouro!! Que pode un conto novo, unhas chuches, unha actividade que tivese moitas ganas de facer con vós…
Desexámosvos unha boa Semana Santa!
Moito ánimo familias!