Entrenamento de hoxe (xoves, 2 de abril do 2020)

Bos días!!

 

Hoxe temos que facer algo de "exercicio".

1. Estiramos as multiplicacións, notando ben como se estira a propiedade distributiva. 

2. Para os problemas de espalda: dobrade o corpo pola metade e deixade que o tronco e as mans caian cara o chan. 

3. Agora intentade crecer, facédevos maiúsculas, como se quixérades chegar coas mans ao teito. 

4. Ante todo, intentade con-tro-lar a res-pi-ra-ción.

5. Somos quen de cambiar o noso medio, co cal, ante as circunstancias debemos adaptarnos e manter a calma para pensar con sosego. 

Tedes todos os exercicios no seguinte enlace: https://drive.google.com/open?id=18vPt_nfHNIHGzurNFdEqLZ59nMby4wAA

Tamén irei subindo as correccións destes días: https://drive.google.com/open?id=1OWviy8GLTUKHfR9QDFcNl34CvNxaJPt1

 

Espero que estedes todos e todas ben, 

bótovos de menos, 

biquiños e apertas, 

Rosana.