Podedes comezar a repasar en SNAPPET. Cada lección activada ten 3 bloques de exercicios: explicación, práctica e reforzo (so debes entrar neste último se manda profe). Ao rematar os exercicios de práctica, aparecerá un premio (estrela,festa confeti...) E un bloque extra voluntario de ampliación "+" (cada vez que clicas "+" cárganse 10 novos exercicios).
19/06/2020 => BO VERÁN! FELICES VACACIÓNS! É tempo de xogar e descansar; e para os momentos de aburrimento... quedan varias leccións activadas para repasar nestas vacacións. Ánimo rapaces!
15/06/2020 => Tedes activadas 1 nova lección de LC (recursos literarios) e 1 nova de LG (elementos do predicado).
08/06/2020 => Tedes activadas 1 nova lección de LC (clases de sustantivos) e 1 nova de LG (palabras homónimas).
01/06/2020 => Tedes activadas 2 leccións de LC (conectores textuales e verbos) e dúas de LG (os determinantes e colocación do pronome átono).
Se queredes adicar determinado tempo a traballar actividades de Lengua, Lingua e Literatura aquí tedes unhas propostas VOLUNTARIAS para este tempo de cole na casa.
01/06/2.020->LC,LG - 7ª quincena - DERRADEIRAS PROPOSTAS
18/05/2.020->LC, LG E LITERATURA - 6ª quincena
04/05/2.020->LC, LG E LITERATURA - 5ª quincena
23/04/2.020->#DígochoEu -1ª Escolma capítulos.
20/04/2.020->LC, LG E LITERATURA - 4ª quincena
17/04/2.020-> Preparando o Día do Libro
14/04/2.020->LC, LG E LITERATURA - 3ª quincena
14/04/2.020-> Proposta de Semana Santa:"Debúxame un Conto"
03/04/2.020->LiNGUA galega - investigación LETRAS GALEGAS
30/03/2.020->LC, LG E LITERATURA - 2ª quincena
23/03/2.020->Fas a túa recomendación de lectura??
Voluntariado Lector #NaCasa (nova recomendación de Iago)
16/03/2.020->LC, LG E LITERATURA - 1ª quincena
Estimadas alumnas, alumnos e familias; coidádevos moito, seguide as indicacións que cheguen das Administracións e quedade tranquilos na casa.
Na vosa nova rutina diaria podedes deseñar un horario “personalizado”. Podedes repartir o horario cun tempo de traballo no pupitre, tempo para xoguetes, xogo libre (recreo), manualidades, música/cantar/bailar, cociñar, tarefas domésticas, tempo para pantallas, disfraces, coidar á mascota… Unha forte e afectuosa aperta da vosa profe, Mariana.
Podedes enviarme as vosas tarefas ao mail: ceipsobreira.sexto@gmail.com
Por favor, no asunto do mail escribide o voso Nome, asignatura e tarefa.
Podedes enviar foto dos vosos debuxos, experimentos, manualidades, receitas, xogos... e o que queirades destes días.
Estou desexando saber de vós!!
Ánimo e moita forza. Xuntos conseguirémolo.