XOGANDO APRENDEMOS

Os nenos e nenas de 3 anos xogamos e aprendemos nos recunchos. Facemos torres ou vias do tren nas construcións, preparamos ricas comidas e compramos na tenda do xogo simbólico, aprendemos a mover o rato xogando e traballando no ordenador, traballamos a motricidade e a orientación espacial facendo quebracabezas... traballamos moito e pasámolo moi ben. A organización por recunchos permítenos traballar en pequenos grupos respectando a individualidade e enriquecernos de tantísimos contidos que xurden do xogo.