Hoxe realizamos o simulacro de evacuación do Centro.
En 2 minutos 9 segundos alumnado e todo o personal abandonamos as instalacións co apoio loxístico e a rápida intervención do Grupo Operativo de Apoio (GOA) da policía Local de Vigo.
Unha vez finalizado o simulacro o alumnado de E. Infantil e Primaria tivo a oportunidade de ver o parque móvil e falar directamente con eles sobre a importancia do seu traballo.
A finalidade do programa é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.
Prezadas familias, queremos lembrarvos que este venres 6 de xuño a partir das 17h celebraremos a Festa de Actividades Extraescolares, a que estades todos convidados.
Haberá actuacións de Taekwondo, Baile Moderno e Ximnasia Acrobática, e ao finalizar uns pinchos para todos. Durante toda a xornada teremos un posto de venda de bebidas, a prezos populares.
Xoves, 18 de xuño 12,15h a 14,00h
Salón de Usos Múltiples
CEIP Plurilingüe Sobreira - Valadares