Proxecto ARCO

« Maio 2014 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Pais/Nais

Sobreira Solidaria

 
 
 
 
 
 
 
 

 

Iniciar sesión

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Xuño 02, 2014
Start: 02/06/2014 11:45

Hoxe realizamos o simulacro de evacuación do Centro.
En 2 minutos 9 segundos alumnado e todo o personal abandonamos as instalacións co apoio loxístico e a rápida intervención do Grupo Operativo de Apoio (GOA) da policía Local de Vigo.
Unha vez finalizado o simulacro o alumnado de E. Infantil e Primaria tivo a oportunidade de ver o parque móvil e falar directamente con eles sobre a importancia do seu traballo.

Martes Xuño 03, 2014
Start: 03/06/2014 10:30
“ CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE” é un proxecto que se enmarca no Plan Integral de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Vigo. Dirixido ao alumnado de 6º de Educación Infantil e 2º,4º e 6º de Primaria.

A finalidade do programa é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.

 

Coeducación!!
Xoves Xuño 05, 2014
Start: 05/06/2014 12:15

O alumnado de 4º e 5º de Primaria conmemoramos esta data tan especial cunha interesantísima clase maxistral de Susana.

Moitas grazas pola túa colaboración achegándote ao noso Laboratorio para compartir a túa tese.

Venres Xuño 06, 2014
Start: 06/06/2014 17:00

 Prezadas familias, queremos lembrarvos que este venres 6 de xuño a partir das  17h celebraremos a Festa de Actividades Extraescolares, a que estades todos convidados.

Haberá actuacións de Taekwondo, Baile Moderno e Ximnasia Acrobática, e ao finalizar uns pinchos para todos. Durante toda a xornada teremos un posto de venda de bebidas, a prezos populares.

Vémonos, saúdos.
A Xunta Directiva
Mércores Xuño 18, 2014
Start: 18/06/2014 09:15
End: 18/06/2014 17:30
Xoves Xuño 19, 2014
Start: 19/06/2014 11:00

Ás 11,00h celebraremos un acto de despedida do alumnado de 6º curso de Educación Primaria e de 6º de Educación Infantil ao que están convidadas as familias.

Start: 19/06/2014 12:15

Xoves, 18 de xuño  12,15h a 14,00h

Salón de Usos Múltiples

CEIP Plurilingüe Sobreira - Valadares