Coa finalidade de recoñecer a nosa colaboración co Salón do Libro, este mércores 23 ás 19 horas, Día do Libro, terá lugar un acto no que oAlcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, farán entrega dun diploma aos representantes de cada centro escolar que colaboru nesta edición.
Nesta data temos unha charla divulgativa de matemáticas.
Actividade do Servizo de Normalización Lingüística do Concello. Este obradoiro conmemora o Día da Ciencia, que este ano está dedicado á relación entre ciencia e arte, combinando ambas as dúas disciplinas.
Con elementos básicos na creación plástica como plastilina, cartolinas, papeis de diferentes tipos e cores... e materiais de uso cotián que reutilizaremos de xeito creativo, as rapazas e rapaces , traballando en grupo, recrearán un río moi especia... un río que fala. Que nos conta sobre os animais que o habitan, a flora que lle dá vida, a súa morfoloxía... Tamén nos falará da cultura e do patrimonio que o conforma: muíños, presas, achafondos, contos e lendas...