Organizaranse actividades para salientar a importancia desta data.
Hoxe, o alumnado de Educación Primaria visita o Salón do Libro de Pontevedra
Preparamos un "stand", con libros elaborados por todo o alumnado, para participar no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que este ano cumpre 15 edicións.
Do 14 de marzo ao 5 de abril, celebraranse actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións, concertos e moito máis no marco desta nova edición do Salón: "Cociñando Contos"
Actividade para o alumnado de Educación Infantil
♫♩♫ Mamá Cabra - cd Bicos de Música ♩♫
Actividade para 1º e 2º de Educación Primaria
Antua de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem
son tres chefs que nos van amosar os segredos da cociña galega
seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro, A
Cociña Galega, “A cociña é arte, a expresión cultural que un pobo
desenvolve ao longo do tempo.” Nesta comedia a cociña tradicional
galega é o ingrediente perfecto para escachar de risa. Aquí o sinxelo
pode ser tremendamente difícil e o divertido pode ser moi
perigoso...